Ademáis de lider absoluta nas Comarcas do Carballiño-O Ribeiro, o "Estudio General de Medios" sitúa a programación local de COPE O Carballiño entre as 3 de máis audiencia entre todas as emisoras de radio de Galicia

11, Abril 2019

Dato histórico, por vez primeira na historia do EGM unha emisora de radio que non está localizada nunha das grandes cidades e áreas metropolitanas de Galicia cólase entre as 3 máis escoitadas en horario de programación local, de 13 a 15 horas de lúns a venres.

Asi o certifica esta última entrega do "Estudio General de Medios", a programación de mediodia de COPE O Carballiño sitúase como a terceira con máis audiencia entre as máis de cen emisoras de radio de todas as grandes cadeas -COPE, SER e ONDA CERO- repartidas por toda Galicia e que emiten programación local, no mesmo horario.

No 9.91 da FM infórmanse a diario do que acontece no Carballiño e Comarca 8.000 oíntes, según acredita o EGM, aos que hai que sumar os que sintonizan esta emisora de radio a través de Internet, e CopeCarballino.es rexistra unha media de 5.000 usuarios únicos.

Ademáis, a de COPE O Carballiño, é a programación local de mediodia con máis audiencia entre todas as emisoras da CADENA COPE en Galicia.

No ámbito comarcal O Carballiño-O Ribeiro, COPE O Carballiño é o medio líder absoluto en audiencia, un liderazgo radifónico que agora se reforza con estes datos actualizados no EGM.