Ana Morgade Durán será a candidata de CompromisoXGalicia á alcadía do Carballiño. Tamén presentarán candidaturas en San Amaro, Punxín, Maside e Avión
Asi o confirmou hoxe en COPE O Carballiño o secretario xeral desta formación política de corte galeguista, Juan Carlos Piñeiro.
Ana Morgade Durán será a candidata á alcaldía de CompromisoXGalicia para as eleccións municipais do 26-M no concello do Carballiño "unha muller que aportará savia nova á política municipal", manifestou Piñeiro.
Compromiso por Galicia tamén avanzou, por medio do seu Secretario Xeral no que foi a súa intervención nesta emisora de radio, que presentará candidaturas nestas próximas eleccións municipais en varios concellos da Comarca.
En Punxín o cabeza de lista será o coordenador comarcal de CXG Eladio Fernández, en San Amaro lidera a candidatura Gonzálo Fernández, no concello de Maside o candidato á alcaldía será Antonio Manuel Iglesias, e no concello de Avión encabezará a candidatura Aladino Graña Bugallo, un empresario retornado de México.
Ciudadanos tamén se suma á carreira electoral no concello do Carballiño
Este martes 16 de Abril, dia de feira no Carballiño, é a data elixida por Ciudadanos para presentar a súa candidatura para os comicios locais no concello do Carballiño.
A falta de confirmación oficial, todas as fontes consultadas apuntan a Jorge González, un empresario carballiñés do sector do transporte, como cabeza de lista do partido laranxa.