A Semana Santa da Cofradía da Veracruz vive o seu dia grande cunha multitudinaria participación na procesión "dos caladiños"
Tras a celebración da procesión nocturna deste pasado Xoves Santo, a programación da Semana Santa 2019 da Cofradía da Veracruz chega neste venres 19 de Abril ao seu día grande, con dúas procesións no transcurso da xornada.
A celebrada en horario matinal, de hora e media de duración, estrenábase este ano: "A do Cristo Da Boa Morte", e por vez primeira na historia da Semana Santa saíu polas rúás en procesión o paso de "Xesús Cruficicado da Capela do Sagrado Corazón", portado pola irmandade de Lexionarios de Pontevedra e a liga de combatentes de Monçao. Na Praza Maior realizouse unha emotiva homenaxe en lembranza dos falecidos en todas as guerras.
Pola noitiña celebrouse a máis tradicional, e tamén a máis multitudinaria, das procesións da Semana Santa do Carballiño, a popularmente chamada "dos caladiños", co acompañamento musical da Banda de Gaitas de Guillarei e Real Banda de Gaitas da Deputación de Ourense. Ademáis, solemnizaron coas súas voces e interpretacións, Chistian Casas, Almudena Mosquera, Concepción Nanín, Elisa Nóva, Samino Otero, Mª José Rodríguez, Soledad Torres e o Orfeón do Carballiño.
Nesta procesión solemne do "Santo Enterro" os cofrades da Veracruz portaron os pasos de Santa María Magdalena, Santísimo Cristo Xacente e Nosa Señora dos Doores, e foi seguida tanto á hora da saída na Veracruz como durante o seu percorrido por varios miles de persoas. Preto de 400 intervintes e cofrades tomaron parte activa na procesión.
Para o domingo de Pascua quedará ainda a última das sete procesións deste ano, a "Gloriosa da Resurrección" á unha menos cuarto da tarde, que estará acompañada da banda de música "A Lira" de Ribadavia.