Fumega presenta ao seu equipo para "gobernar O Carballiño con rigor e proxectos realistas"
Fumega elexíu a explanada do parque municipal e o primeiro dia da campaña electoral para facer a foto "de familia" da candidatura do PSdeG-PSOE no concello do Carballiño "orgullo de presentar esta candidatura que formamos persoas que queremos a O Carballiño, esto é fundamentalmente o que nos une os que estamos aquí"
O candidato socialista á alcaldía presumíu de xestión municipal "saneamos as contas do concello e eso permitirános seguir abordando proxectos de mellora para O Carballiño".
Renega o candidato socialista de grandes proxectos que despois son imposibles de realizar "nos apostamos por propostas e proxectos sostibles, por unha política baseada en realidades".