O socialista Francisco Fumega será alcalde do Carballiño con maioria absoluta, con 9 concelleiros. PP con 4, Espazo Común con 3 e BNG con 1 completan a nova corporación.
O candidato do PSOE consigue mellorar os resultados de fai 4 anos, de tal maneira que logra maioría absoluta na futura corporacón carballiñesa, superando con nota a fractura sufrida no grupo municipal socialista, que o deixará con tan so cinco concelleiros, agora pasará a ter 9 e polo tanto maioria absoluta.
Fumega suma 4.045 votos, o 49,92% do voto válido escrutado.
O Partido Popular, que sufre un importante retroceso, perde dous representantes na nova corporación, Ricardo Pérea quédase con 4 concelleiros dos 6 que lograra Argimiro Marnotes en 2015. Agora quédanse os populares co 20,54% do voto escrutado.
O exalcalde Pachi Vazquez e o seu Espazo Común acada tres actas de concellal, convertíndose no terceiro grupo municipal, co 18,51% dos votos.
O BNG de Chema Ferreiro , polos pelos, mantén ún dos dous concelleiros cos que contaba na corporación, con apenas o 5,62% dos votos
Quedanse fora da corporación o resto das candidaturas que concurrian a estas eleccións municipais do 26-M no concello carballiñés, Alternativa Veciñal, Ciudadanos e Compromiso por Galicia.