O concello destina 145.000 euros para dar continuidade ás obras de rehabilitación da antiga fábrica do papel
O novo edificio que albergará a recepción, administración e servizos públicos do Museo da Fábrica de Papel da Lavandeira, e que constrúe o obradoiro de emprego, está actualmente moi avanzado, e calcúlase que para o mes de agosto poida estar prácticamente rematado nas súas partes esenciais.
Esta edificación, que se realiza según o proxecto orixinal do arquitecto Manuel Gallego Jorreto, terá continuidade coa rehabilitación do antigo proceso exterior de fabricación da pasta de papel, que é cecais un dos elementos máis chamativos do museo, e para o cal o concello destinará este mesmo ano un orzamento de 145.000 euros.
Precisamente, o alumnado de albanelería e cantería do obradoiro está traballando hoxe na cuberta deste novo edificio, que terá un tellado do mesmo material que o do edificio do secadeiro, e o peche exterior irá cristaldo, de modo que se integre no conxunto e no entorno natural.
O novo investimento municipal destinarase a completar este edificio e reconstruir o proceso industrial de mazas, norias e prensa da fabricación do papel, que será encargado a unha empresa especializada neste tipo de traballos, según o deseño oroxinal desta fábrica do século XIX.
Dase a circunstancia de que algunhas pezas de pedra orixinais, que estaban ocultas baixo a terra, foron recuperadas recentemente e serán aproveitadas para completar o engranaxe exterior, que consta de cinco norias e mazas que van nos arcos da canle de auga, que se conserva intacta.