O Presidente da Xunta súmase á 41 Festa dos Maiores, que reuníu a unhas 3.000 persoas no parque municipal do Carballiño
Fai apenas unha década atrás, a Festa dos Maiores que con carácter anual organiza a Xunta achegaba ata O Carballiño a máis de 30.000 persoas, a celebrada este sábado apenas reuníu a unhas 3.000 persoas, según as cifras aportadas pola propia organización.
A xuntanza festiva tocou fondo unhos anos atrás, cando apenas chegou a reunir a 1.000 persoas no parque municipal, e dende entón iniciou unha progresiva pero moi lenta recuperación en canto a afluencia de público, de ser unha das mellores datas para a hostelería carballiñesa, pasou a pasar case desapercibido estes últimos anos.
A esta 41 edición asistíu o presidente do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, e compartiu parte da xornada coas persoas chegadas de toda Galicia que se deron cita no parque municipal carballiñés para desfrutar dun día de convivencia e diversión. Tamén asistíu a conselleira de Política Social, Fabiola García.
A conselleíra afirmou durante a súa intervención que na actualidade “ser maior en Galicia é unha oportunidade excelente para vivir como desexamos”, e garantiu o compromiso da Xunta de continuar a traballar para que todos “sexamos libres para decidir como queremos facernos maiores”.
Neste sentido, reafirmou a aposta da Administración autonómica por iniciativas que promovan o envellecemento activo, con festexos como este e con diferentes programas como o de benestar en balnearios e talasos, que oferta máis de 1.000 prazas en 16 instalacións deste tipo na nosa comunidade; ou o voluntariado sénior, para que as persoas maiores teñan máis oportunidades de colaborar en proxectos solidarios.
Así mesmo, a conselleira de Política Social destacou as alternativas das que dispoñen hoxe en día as galegas e galegos de máis idade para facerse maiores nas súas casas ou nas súas parroquias, tal e como é o seu desexo maioritario. Isto é posible grazas ao reforzamento de servizos como a Axuda no Fogar, a Teleasistencia ou Xantar na Casa; así como coa creación das Casas do Maior, pequenos centros de día totalmente gratuítos no rural. Tamén se referiu á maior oferta de prazas públicas en residencias para aqueles que prefiren esta opción.
Entrega de agasallos
Como en edicións anteriores, na Xuntanza distinguíronse a diferentes centros e organizacións polas actividades que levaron a cabo ao longo de todo o ano. Nesta ocasión, os galardóns recaeron en dúas asociacións de pensionistas e xubilados da provincia de Lugo: a de Santa Isabel, en Outeiro de Rei, e a de Baleira; no voluntariado dos centros sociocomunitarios da provincia pontevedresa; e nos centros sociocomunitarios de Ferrol e do Carballiño.
O programa da xornada completouse con diferentes actividades, como música, baile, xogos populares, unha exhibición de coreografías ou a entrega de agasallos, entre outras.