O concello de Maside anuncia o comezo das obras de humanización da Praza da Igrexa de Dacón
A actuación deseñada polo concello de Maside permitirá "a humanización desta praciña no acceso á igrexa parroquial de Dacón, n centro neurálxico do pobo, que vai ofrecer unha nova imaxe unha vez que se execute estas obras", destaca o alcalde de Maside, José Manuel Iglesias.
O rexedor municipal remarcaba nos micrófonos de COPE que "eu mesmo ocuparéi de estar encima desta obra, para que a mesma se desenvolva según o proxecto aprobado" e que pretende transformar esta praza nun espazo de encontro e lecer para a veciñanza, sen perder a súa funcionalidade, xa que é o acceso tanto ao barrio de arriba de Dacón como a entrada principal ao templo parroquial, moi frecuentado sobre todo durante a tradicional novena e celebracións na honra a Santa Rita, no mes de Maio de cada ano.