Alternativa Veciñal propón ao concello do Carballiño a creación dunha APP e un Consello Municipal de Mobilidade

4, Xullo 2019

Alternativa Veciñal do Carballiño, a formación política que se quedou sen representación na nova corporación municipal tras as eleccións do pasado 26-M, móstrase especialmente activa nesta nova situación política, e hoxe mesmo presentaba no rexistro municipal do concello carballiñés unha doble proposta.

Dunha parte, a creación dunha aplicación informática -APP- "para que a veciñanza do Carballiño poida informar de primeira man as deficiencias-incidencias que se dean no entorno do Carballiño, aparte de que solicitamos que se actualice a páxina web do concello"

Engade que "o funcionamento de esta APP respondería as necesidades de adaptar o noso concello as novas tecnoloxías e aproveitar as mesmas para solventar problemas e carencias de maneira máis axil trasladando as incidencias as áreas competentes e as brigadas que tiveran que actuar para dita resolución".

Doutra porte, Alternativa Veciñal propón ao concello a creación dun CONSELLO MUNICIPAL DE MOBILIDADE "buscando así acabar coas barreiras arquitectónicas nas instalacións, infraestruturas e servizos en este concello, facilitando a mobilidade e a accesibildade a tódlas persoas, prestando máxima atención as persoas con mobilidade reducida"

Tamén demandan a creación de un PLAN INTEGRAL DE ACCESIBILIDADE MUNICIPAL "para que o propio concello e os colectivos pertinentes poidan empezar a traballar na consecución dos obxetivos marcados polo real decreto lexislativo 1/2013 no tocante a accesibilidade urbana como un factor máis da inclusión social, educativa, laboral, lúdica e deportiva das persoas con discapacidade", subliñan.