Levará esta petición ao pleno da corporación: o Partido Popular considera prioritario para este mandato a convocatoria do concurso de ideas para o parque municipal

27, Xullo 2019

Os populares recordan que "xa foi no ano 2015 cando se aprobou a convocatoria dun concurso de ideas para que se puidesen presentar cantas mais ideas mellor e unha vez elixida a que mais gusta, poder redactar o seu proxecto e empezar a executalas obras precisas".

"Dende aquelas, ata o de agora, aínda non se aprobaron as bases técnico-administrativas que sexan a bases de dito concurso, polo que é unha asignatura pendente do anterior mandato, e debera ser asumido agora polo renovado goberno municipal", inciden dende o Partido Popular.

Entenden que este acordo debe de pasar outra vez polo pleno, para convalidar este compromiso, "e que o actual goberno non caiga nin no pasotismo que se tivo ata o de agora, nin na tentación de facer obras de infraestruturas que non sexan consensuadas nese proxecto que poida saír da convocatoria deste concurso de ideas".

Para o Grupo Popular, a convocatoria deste concurso de ideas para o parque municipal, é unha das prioridades para este mandato polo que manifesta o seu compromiso para que sexa unha realidade, polo que, desexa que a moción que se presenta poida ser tratada no primeiro pleno ordinario, para que este sexa un dos primeiros compromisos que o goberno asume por aprobación do pleno.

No orzamento prorrogado do 2018, en vigor hoxe, existe a partida orzamentaria (172.00.227.99) denominada PLAN INTEGRAL PARQUE MUNICIPAL con 10.000€ que xa fora incorporada no mesmo a petición do Grupo Popular, e que para a convocatoria deste concurso, podería ser suficiente, debendo de ser ampliada para anos sucesivos para o pago do propio proxecto e para comezar a facer obras.

Finalmente, o Partido Popular manifesta que esta petición é representativa "da inmensa maioría dos veciños e veciñas do Carballiño, que a convocatoria do concurso de ideas do Parque Municipal, se realice canto antes".