A carballiñesa Maria Dolores Fernández Galiño toma posesión como nova Valedora do Pobo
O Parlamento de Galicia acolleu o acto de toma de posesión da nova Valedora do Pobo, un acto que contou coa presenza do presidente da Xunta Alberto Núñez Feijjó e o presidente do Parlamento Galego, Miguel Santalices.
A maxistrada Dolores Fernández Galiño ( O Carballiño, 1963) elixida o mércores nova Valedora do Pobo por unha maioría reforzada do Parlamento, cos votos a favor do Partido Popular e PSdeG, e tomou formalmente posesión do seu novo cargo.
Fernández Galiño pronunciou un discurso no que reivindicou novamente o feminismo, como xa fixera a carballiñea hai unhoss días na Cámara durante a defensa da súa candidatura, ademáis presentou tamén como un “dereito básico” da cidadanía o “riquísimo patrimonio cultural e lingüístico” de Galicia.