Novo record mundial: media tonelada de pulpo, da caldeira ao prato en 11 minutos e 7 segundos
A Agrupación de pulpeir@s de Arcos-O Carballiño estableceu un novo record pulpeiro ao conseguir cortar 500 kilos de pulpo nun tempo de 11 minutos e 7 segundos, cunha posta en escea espectacular para presentar outro ano máis o prato de pulpo máis grande do mundo, dentro da programación festiva da Semana Grande da Festa do Pulpo. Catro grandes caldeiras foron utilizadas para cocelo pulpo.
De seguido, e coa banda sonora da Escola de Gaitas do Carballiño e no medio dunha gran expectación, as pulpeiras e pulpeiros de Arcos-O Carballiño completaron o ritual do pulpo á feira, aderezado con aceite, sal gordo e pemento.
En pouco tempo, o numerso público comezou a degustalo en pequenas racións.
A pesar de que nalgúns momentos amenzou a choiva, non foi impedimento para que o espectáculo abarrotase a Praza Maior do Carballiño.