O DAS TERRAZAS DOS SOPORTAIS HAI QUE ARREGLALO

7, Agosto 2019

Querido Paco Fumega: Sabemos do teu carácter contemporizador e complaciente que tantos exitos che leva dado, ainda que algún disgusto non faltou.   Sigue asi. Pero pensa tamen como vades arreglar, ti e o teu equipo,   iste reino de Taifas no que se están a convertir  as terrazas no noso pobo e mais especialmente as que deixades poñer baixo os soportais. . Hoxe que choveu dabondo todala mañá, puden sufrir, coma outros, as incomodidades das terrazas e sobretodo, repito, as instaladas nos soportales. Puden ver como moitas señoras e señores que levaban un carriño da compra ou una silliña cun neno e xa  non digamos una silla de rodas, ou simplemente andando, abándonásemos a aventura de poder pasar entre as sillas e mesas mais a xente que se sentaba nelas, invadindo prácticamente todo o espacio público que alí hay e que ainda baleiro xa non e moito, non deixando sitio pra pasar,  mezclándose os que veñen cos que van e os sentados que nin se inmutan, tendo que baixar a calle a mollarnos ca choiva, Simplemente intolerable.  Pensa como vades facer, pero así non se ten contentos a todolos veciños que che dimos nosa confianza e os que non. Tii eres o alcalde do Carballiño e tócache solucionalo e non vale dicir que solo son catro dias que chove, e un problema que ven de moito atrás e non queredes ver ou non sabedes solucionar. ou non vos importa nada os veciños cabreados.  Non se trata de poñerse de un lado (hosteleiros) o do outro (veciños) sinon de facer cumplir a rajatabla a normas que pra iso foron feitas.  Sinon e seguindo isa regla de tres, eu mañá si me sancionan por aparcar mal, non pago a multa porque son bo rapaz....