Sete orquestras, entre elas Panorama, tres charangas, dúas bandas de música, a música tradicional de Treixadura e un tributo a "Héroes del Silencio", na banda sonora para as Festas do Setembro
As festas patronais do Carballiño xa contan con cartel, libro-programa de man e un calendario de actividades que animarán as rúas da vila do 13 ao 19 de setembro.
O evento foi presentado esta mañá polo alcalde Francisco Fumega e o concelleiro de Cultura, Diego Fernández.
O grupo folk Treixadura, a orquestra-espectáculo Panorama, un concerto tributo a Héroes del Silencio, a banda de música de Vilatuxe e unha gran sesión de fogo, son os reclamos principais destas festas, que contarán con sete orquestras, tres charangas, dúas bandas e dous concertos, ademáis de actividades infantís.
O cartel das festas foi realizado polo pintor cangués Camilo Caamaño Xestido, a quen Francisco Fumega lle diu as gracias por elabolo.
Trátase dun cartel realizado a partir de fragmentos dun gran mural pintado por Camilo Caamaño sobre o templo da Veracruz, conservando os aspectos máis formais da composición, xa que, según o pintor, “o templo da Veracruz é un referente do Carballiño e non precisa de aditamentos para expresar a súa grandiosidade e simboloxía”.
Ao repecto, tamén dixo que “o grafismo é moi comedido para non romper a configuración da arquitectura de Antonio Palacios”, polo que o pintor profesa unha gran admiración.
Precisamente, en xaneiro deste ano cumpriuse o 125 aniversario do nacemento de Antonio Palacios, e de aí a oportunidade deste cartel.
O programa festivo comeza o día 13, no que destaca o concerto do grupo folk Treixadura na Praza Maior.
O programa, aclararon, aínda non está pechado e ao mesmo agardan incorporar máis actividades festivas.
O día 14 haberá pasarrúas coas charangas Doctor Anchoa e Castro Vello. A verbena correrá a cargo da orquestra-espectáculo CLAXXON, e tamén haberá un concerto tributo ao grupo pop Héroes del Silencio.
O día 15 haberá un concerto da banda de música de Vilatuxe, e pola tarde e noite verbena coas orquestras Alianza e Israel. A charanga CLK ofrecerá pasarrúas.
O día 16, feira no Carballiño, actuarán as orquestras Compostela e Ritmo Noche, e terá lugar a sesión de fogo voador coa Pirotecnia Josman na explanada do parque municipa.
E o día 17, festividade do San Cibrao, haberá un concerto da banda de música do Carballiño e as actuacións das orquestras Panorama e Pontevedra.
O día 18 será o Día do Neno nas atraccións, e o 19 e como despedida festiva O Carballiño súmase á Romaria da Saleta en Astureses.