Gatronomia e música no "Carballiño Street Food" do venres ao domingo na Praza da Veracruz
Unha variada selección de food trucks, música ao vivo con tres concertos e animación infantil, serán as principais propostas da terceira edición do “Carballiño Street Food”, que se celebrará do 30 de agosto ao 1 de setembro no praza da Veracruz.
O evento contará con sete food trucks representantivas dunha variada gastronomía de Galicia, España e incluso de países como Venezuela e México, con hamburguesas premium, bocadillos de autor, ensaladas orixinais e tapas diferentes, así como comida vegana o usen gluten.
Os horarios de apertura serán de 12,00 a 16,00 h., e de 19,00 a 00,30 h., o venres 30, sábado 31 e domingo 1. .
Así mesmo, haberá sesión vermú o sábado e o domingo a partir das 12,00 h., por cortesía de Nordesía. As actividades e a música ao vivo terá lugar en dous escenarios, un para o público infantil e outro para os concertos. Os concertos, que son completamente gratuitos, comezarán ás 22,30 h., e terán como protagonistas a BLACKSHEEP, formado por Thais Rudiño, finalista de La Voz e Miguel Araujo (Venres, 30), GIN TONIS (sábado, 31) e EN MALA HORA (domingo, 1).
Son actuacións aptas para todos os públicos e gustos musicais. O concelleiro de Cultura, Diego Fernández, asegura que se trata dun evento moi atractivo que vai supoñer un aliciente nesta fin de semana e unha oportunidade para que os carballiñeses e a xente da comarca poida degustar un tipo de cociña e produtos de moita calidade que non se ofertan na gastronomía local.
Asemade, o reponsble da empresa que organiza o evento agradece a colaboración do concello, así como dos patrocinadores, e fai fincapé no éxito deste tipo de iniciativas gastronómicas e culturáis en Galicia.