Pachi Vázquez califica o actúal inicio de mandato "como o máis desorganizado na historia do Carballiño". Advirte que o cobro da taxa o lixo aos veciños de Arcos pode traer consecuencias por tratarse "dun engano"
Pachi Vázquez cualificou hoxe de “engano” o cobro da taxa de lixo ós veciños de Arcos e salienta que “estanse tomando unha serie de decisións con afán de enganar”.
O líder de Espazo Común e concelleiro en O Carballiño precisa que “existe un acordo entre os veciños de Arcos e o Concello dende fai 40 anos polo que se cedía o monte comunal de Arcos a cambio dunha exención fiscal”.
Pachi Vázquez afirma que sempre se respectou esa exención fiscal e que, agora, o alcalde decidiu anulala “sen realizar ningún expediente e culpando ó interventor municipal”.
Manifesta que “Espazo Común vai defender dúas opcións: que se manteña a exención da taxa ou que se lle devolva o monte comunal ós veciños de Arcos”, e engade que “o que non vale é enganar á xente coa mentira de que todos os montes comunais son do Concello”.
Neste sentido, Espazo Común pedirá un pleno extraordinario para “poñer un pouco de orde neste desorde”, así como un informe xurídico sobre a titularidade de tódolos montes comunais do concello de O Carballiño porque, segundo afirma Pachi Vázquez, “da mesma forma que hoxe se quere expropiar este dereito ós veciños de Arcos, mañá poderase aplicar o mesmo criterio a outros montes comunais da rexión”.
Pachi Vázquez afirma que “trátase do inicio de lexislatura máis desorganizado da historia de O Carballiño”, cunha “xestión caótica” na que “os bandazos do sistema de ingresos resultan moi preocupantes de cara á aprobación dos orzamentos”.
Pachi Vázquez precisa, ademais, que “estamos ante o goberno máis caro e con maior número de persoas liberadas con diñeiro público da historia de O Carballiño” e apunta que, dende Espazo Común, “só lle pedimos unha cousa ó Concello: orde e traballo” porque “estamos nunha situación na que parece que ninguén sabe nada, e que ninguén ten a culpa de nada”.