Raúl Álvarez, da empresa carballiñesa Galicia Direct, gañador do campionato de España de conducción de camión. Representará a España na final mundial.
A competición, organizada por Renault Trucks, que se celebra cada dous anos, contou nesta quinta edición cun total de 3.000 conductores profesionais de toda España.
Durante dous meses foron obxecto dun seguimento monitorizado aproveitando os novos sistemas de información e datos, avaliando individulamente a conducción e o bo uso do camíón.
Os 36 mellores participaron na gran final celebrada esta semana no circuíto madrileño do Jarama, onde Raúl Álvarez, foi o mellor entre os mellores.
O conductor da empresa carballiñesa de transporte de mercadorias Galicia Direct contou a súa experiencia en COPE O Carballiño "estou moi contento por traer este campionato para O Carballiño e a miña empresa, foi sensacional conseguilo un circuíto tan emblemático como o do Jarrama, e cun gran nivel de todos os participantes".
Nas probas celebradas avaliouse o aproveitamento da inercia, o consumo medio do combustible, conducción en zona económica, velocidade comercial e número de frenadas.
Agora, Raúl Álvarez, competirá cos mellores conductores de outros 28 países, na gran final mundial que se celebrará o 16 de Outubro na cidade francesa de Lyon, onde terá ocasión de gañar 6.000 euros para él e unha tractora de Gama T para a empresa na que traballa.