Música en horarios de mediodia, tarde, noite e madrugada, con 11 grupos e orquestras, 2 bandas e 1 charanga nas Festas da Saleta
A Comisión de Festas pretende con este formato contentar aos públicos e veciñanza de todas as idades, deseñando un programa musical que con ata 14 horas diarias de actuacións musicais para os próximos dias na vila de Cea.
O grupo Pikante e a orquestra Saudalde abren a porgramación na primeira verbena, na noite deste venres dia 20 na Praza Maior de Cea.
E a partir do sábado, ata o luns incluido, o gran marathón musical, que iniciaráse ás 12 do mediodia do sábado 21 en sesión vermút na Praza Maior co grupo Tattoo. E dende as 6 da tarde ata ás 6 da madrugada, ademáis de Tattoo, completan o programa musical os grupos Fussión e La Nave e a orquestra Aché, nos escenarios da rúa Calvo Sotelo e Praza Maior.
A banda de música de Celanova ofrecerá pasarrúas e concertos o domingo 22, e dende as 6 da tarde ás 5 da madrugada, actuarán en Cea os grupos Kien Lo Diría e Nebraska, asi como a orquestra Tango.
Finalmente, o lús 23, dia festivo de carácter local no municipio de San Cristovo de Cea, ofrecerá pasarrúas e concertos a Banda Militar da Brilat, e para a festa e verbena deste úlitmo dia de Festas da Saleta contaráse coa amenización musical da Charanga Ardores, o grupo La Huella 2.0 e a orquestra Solara.
Ademáis, o sábado dende as 5 da tarde celebraráse unha festa infantil con diversas actividades, e tanto o domingo como o lúns haberá tres misas na capela da Saleta ás 9,10 e 11 da mañá, e tamén ambos días solemne con procesión ás 12 do mediodia.
Asi pois, todo preparado en Cea para gozar de catro dias de intensa programación festiva, aínda que moi pendientes das previsións meterorolóxicas que avanzan tempo chuvioso para os próximos dias, sobre todo para a xornada do sábado.