Comerciantes e hostaleiros do entorno da Alameda mostran o seu malestar polo retraso nas obras do parque infantil, iniciadas fai 6 meses
A practica totalidade dos comerciantes e hostaleiros do entorno da Alameda veñen de asinar un escrito no que mostrar o seu malestar "despois de 6 eternos meses de obras no parque infantil e a incerteza de non saber cando remataran as mesmas, os negocios do entorno sentímonos moi seriamente seria e gravemente perxudicados".
Afirman que dan por perdida a tempada de primavera e verán coa área de xogos pechada sabendo que "é a maior fonte de ingresos de moistos de nós, e a perpectiva para estes meses de outono non son moito mellores", concluíndo que síntense "abandoados e maltratados".
No escrito que dirixen ao alcalde Francisco Fumega piden de forma expresa información relativa ao remate das obras e tamén sobre o proxecto que se está executando, tamén que se mellore a iluminación e a limpeza viaria na zona, xa que sendo un lugar tan céntrico e concurrido "non recibe atención por parte do concello".