Máis histrionismo, caspa e falacias, esta vez do PP de Maside
Xa que os do PP non se aburren de carruseles electorais nos que fan desfilar conselleiros (sempre beneficiando a concellos do PP), consorcios, e demáis ªcorreveydilesª da propaganda Feijóo, penso que o do voceiro de Maside xa é a gota que colma o vaso e un cánsase de tanta falacia e vodevil.
O caso é que nos volve agasallar cun ladrillo no que tan só di unha frase: O alcalde de Maside impide gravar os plenos (ou eso dá a entender nese ladrillo intragable).
Pois ben, penso demostrar que é unha falacia, porque o alcalde de Maside non ten competencia nin autoridade pra elo (de feito déixolle a xurisprudencia do Tribunal Supremo fotografiada pra que poda consultala).
O próximo Pleno asistirei e eino gravar íntegro. Se o alcalde me impedise facelo amosaríalle a xurisprudencia do Tribunal Supremo. Se seguise insistindo na súa actidude, eu mesmo chamaría ás Forzas e Corpos de Seguridade do Estado. E se aínda así me impediran gravalo, denunciaríao ante os xulgados.
Así é como se defenden os dereitos fundamentais, non con choriqueos nin falacias.
Señor voceiro do PP de Maside: Non faga o ridículo e non veña de defensor dos medios de comunicación, eles coñecen moito mellor que vostede o seu traballo e saben perfectamente que se alguén lles impedise gravar un pleno, que é unha sesión pública, estaría incurrindo en cesura previa de dous dereitos fundamentais: O dereito á información, e o dereito á liberdade de expresión.
Por suposto que os medios son benvidos aos plenos, non precisan do permiso do alcalde, e se non veñen será porque nin o goberno nin a oposición suscitan de momento interese informativo. Prometer un Plan Básico en dous anos cando Maside xa ten un Plan Básico (a norma subsidiaria), abandonar un pleno porque non é en mércores, pedir que o Concello arranxe canto antes as pintadas da igrexa (cando é o Obispado o dono), ou pedir que o Concello loite contra a plaga da velutina (cando todo o mundo sabe que é competencia de Medio Rural) suscita moi pouco interese informativo.
Non sei como irá vostede coa maquetación da revista, panfleto, ou pasquín do PP de Maside, pero agardo que veña vostede con asuntos máis útiles pra poboación de Maside :)