Alvite, Pazos de Arenteiro, Cabanelas e Banga, os catro finalistas para elixir o pobo máis bonito da Comarca. Outras 103 aldeas tamén obtiveron apoios, nunha votación que tivo unha gran participación, mesmo entre os nosos emigrantes
A proposta feita por COPE O Carballiño para elixir o pobo máis bonito da Comarca do Carballiño superou todas as expectativas e acadou un gran éxito de convocatoria, superándose os catro mil votos contabilizados.
A iniciativa non so despertou o interese entre a veciñanza da Comarca, senón que tamén foron numerosos os votos enviados dende distintos países nos que temos presenza de emigrantes, sobre todo desde México e Panamá ou Argentina, ou en menor medida dende Brasil, Estados Unidos, Perú, Venezuela, Reino Unido ou Francia, entre outros.
Dende o primeiro día no que se abríu a votación, dous pobos, os de Alvite en Beariz e Pazos de Arenteiro en Boborás protagonizaron un apretado man a man desputándose o primeiro posto desta primeira fase da votación, e conseguindo superar os mil apoios cada un deles.
Alvite quedou finalmente en primeira posición con 1.074 votos, mentres que Pazos de Arenteiro foi segundo con 1.012 votos. Ambos suman case o 50% do total do voto contabilizado.
En terceira e cuarta posición quedaron duas aldeas do municipio do Carballiño, Cabanelas e Banga, que recibiron 241 e 186 votos, respectivamente, clasificándose tamén xunto a Alvite e Pazos de Arenteiro, para a votación final da que sairá elixido o pobo máis bonito da Comarca do Carballiño.
Será por medio dunha votación que faráse a través desta mesma páxina Web do 23 ao 27 deste mes de Outubro.
Ademáis dos xa catro finalistas, outras 103 aldeas repartidas por toda a xeografia comarcal tamén tiveron votos en maior ou menor cantidade.
Os máis votados por concellos
Ás portas de entrar na final quedouse Oseira, que foi o pobo máis apoiado no concello de San Cristovo de Cea.
A Touza e O Lago, foron as aldeas consideradas como as máis bonitas no concello de Maside.
Lousado, este pobo da parroquia de Loeda, foi o máis votado no concello de Piñor.
Eiras e Anllo foron os favoritos da nosa audiencia no concello de San Amaro.
Ourantes foi a localidade que máis votos obtivo no concello de Punxín.
Finalmente, no concello do Irixo o voto estivo moi repartido entre varias aldeas, as que máis apoios lograron foron as de Barcia, na parroquia de Reádegos, Cebral en Froufe e Parada de Laviote.