Maside e as crónicas de Baltarnia
Certo persoeiro quere convencernos de que Maside é un pais de fantasía onde a igrexa de Dacón é do século XIII (San Roquiño bendito de Morgadáns e Santa Baia de Donas me asistan!!!!) e as obras de "humanización" da praza da igrexa son da Deputación. Por esa razón, porque son obras da Deputación, hai que criticar ao Concello pola falta de previsión. Un pais de maxia e fantasía onde os caprichos do alcalde están por riba das sentencias do Tribunal Supremo relativas á imposibilidade de que tanto os concelleiros como os habilitados podan ser gravados. Un pais de maxia e fantasía onde os caprichos do alcalde podan conculcar dereitos fundamentais.
No mundo real, a igrexa de Dacón é do século XX, inaugurouse no ano 1929, a obra de humanización da praza é do Concello con cargo aos Plans Provinciais (cartos que a Deputación transfire aos concellos, pero igual que cando os transfire aos concellos do PP, as iniciativas son dos alcaldes do PP que xestionan directamente as obras, o mesmo mecanismo que opera pra os alcaldes do PSOE, e igual que tanto para o PP, PSOE e calquera partido que goberne, non son cartos de Baltar junior senon que son cartos dos contribuintes, que vía Orzamentos Xerais do Estado, van as deputacións provinciais pra desenvolver as súas competencias).
No único no que leva razón o persoeiro é que o alcalde non debería chamalo mentireiro. Debería limitarse a decir que é unha persoa cunha fantasía moi hiperactiva.
No mundo real, o relato que se axusta con absoluta veracidade porque pode ser comprobado, é que o alcalde anuncia as obras o 24 de xuño, e di que o mércores 26 de xuño comezará as obras. Nesas datas non creo que existira nin proxecto técnico, e o que é seguro é que non se sabía a contía de cartos que virían da Deputación.
Neste tempo o persoeiro e outro mariachi andaban de safari contra as velutinas (sacaron un niño).
Para poder axudar aos demáis tes que demostrar que podes axudarte a ti mesmo. E debes demostrar que sabes por onde andas. O relevante nestas datas é coñecer a nova adxudicación das novas obras de "mellora" e se é axustada a nova Lei de Contratos do Sector Público. Ata o de agora o voceiro da oposición non dixo nada sobre todo esto, quedou mudito como fai sempre o PP, ou ben porque non hai capacidade pra meterse a fondo na lei (bastante farragosa), ou ben por apatía. E quedaba mudito tamén sobre este asunto, nese ladrillo que enviaba á Cope..
Un consello: Métase na lei, e non espere a que boten a película.
E por suposto, todos os daconenses aplaudimos esta obra, é unha moi boa iniciativa que chega algo tarde (xa o levaba Celsto no seu programa de fai catro anos e medio). Pero queremos que se faga con calidade. Hai algo que resulta chamativo: Se a obra do paso de cebra elevado costou 18.000 euros, con 40.000 euros non se fai esta obra nin fartos de viño.