Fumega asegura que está buscando unha fórmula para que os veciños de Arcos non teñan que pagar os recibos da recollida do lixo dos últimos catro anos, tal como lle reclamou o concello
Asi o manifestou o alcalde Francisco Fumega no transcurso dunha intervención radiofónica en COPE O Carballiño.
O rexedor municipal, en relación a esta polémica en Arcos tras as notificacións municipais remitidas a veciños desta localidade reclamándolle o pago dos recibos da recollida do lixo con carácter retroactivo dos últimos catro anos, manifestou que "estamos mirando unha maneira de condonar as débedas deses catro anos, non por condonar, a verdade é que antes nunca se lle notificara".
Fumega referíuse a escritos dun grupo de sete veciños de Arcos, dos anos 78 e 80 nos que poñían ao concello en antecedentes sobre as súas propiedades comunais, ocupadas polo concello carballiñés con distintos equipamentos públicos, ou o caso da parcela, tamén comunal, que o concello do Carballiño cedeu para a contrucción da Casa Cuartel da Garda Civil.
O alcalde recordou que "éste é o compromiso que saíu do pleno e estamos buscando unha solución".