Eliximos o pobo máis bonito da Comarca do Carballiño entre os catro candidatos finalistas: Alvite, Pazos de Arenteiro, Cabanelas ou Banga
Ata as 24 horas deste próximo domingo 27 de Outubro en COPE O Carballiño eliximos o pobo máis bonito da Comarca do Carballiño.
Tras a votación preliminar na que mediante mensaxes na caixa de voz e whatsapp obtiveron votos ata un total de 107 aldeas dos nove concellos que forman a comarca do Carballiño, sairon os catro candidatos finalistas que foron os máis votados, agora toca a decisión final.
Alvite no concello de Beariz, Pazos de Arenteiro en Boborás, e Cabanelas e Banga no concello do Carballiño, son as catro aldeas elixidas para quedarse co título de pobo máis bonito da comarca do Carballiño.
A votación está aberta na enquisa activada nesta mesma páxina web mediante voto electrónico, tan so se rexistrará un voto por IP. Moitas grazas por participar nesta proposta para promocionar e poñer en valor as aldeas da nosa comarca.
Os máis votados por concellos na fase preliminar
Ás portas de entrar na final quedouse Oseira, que foi o pobo máis apoiado no concello de San Cristovo de Cea.
A Touza e O Lago, foron as aldeas consideradas como as máis bonitas no concello de Maside.
Lousado, este pobo da parroquia de Loeda, foi o máis votado no concello de Piñor.
Eiras e Anllo foron os favoritos da nosa audiencia no concello de San Amaro.
Ourantes foi a localidade que máis votos obtivo no concello de Punxín.
Finalmente, no concello do Irixo o voto estivo moi repartido entre varias aldeas, as que máis apoios lograron foron as de Barcia, na parroquia de Reádegos, Cebral en Froufe e Parada de Laviote.