O concello reparte entre o alumnado de infantil e primaria o libro dos bolechas "Macrofesta no Carballiño" para sensibilizar na igualdade
A concelleira de Servizos Sociais, Igualdade, Sanidade e Educación, Guadalupe Sobrado, presentou hoxe no colexio Vila do Arenteiro un libro-guía de Os Bolechas editado polo concello do Carballiño, a través do Centro de Información da Muller (CIM), en colaboración coa Secretaría Xeral de Igualdade, e que ten por título “Macrofesta no Carballiño. Pais, nais, Mestres, mestras, nenos e nenas”.
Trátase de distribuir mil libros en todos os centros educativos do Carballiño co obxectivo de sensibilizar sobre a necesidade de educar en igualdade e contra a violencia de xénero, implicando a todos os estamentos que conflúen no sistema educativo: alumnos, profesores, país e nais e anpas.
A publicación, de 32 páxinas, contén textos e ilustracións alusivas a aqueles elementos máis significativos do Carballiño, como son o Concello, o Templo da Veracruz, o Parque Municipal, O Museo Etnográfico do Arenteiro, a fonte do concello, a estación de Renfe, a Festa do Pulpo ou o monumento Munten da Praza do Emigrante.
Asimesmo, na penúltima páxina inclúese un plano do Carballiño coa localización de todos estes lugares e referencias.