A Xunta comunícalle ao concello do Carballiño a concesión dun novo Programa Integrado de Emprego
A resolución da Xunta de Galicia xa lle foi comunicada oficialmente ao concello, e na mesma anúnciase a concesión dun novo Programa Integrado de Emprego ao Concello do Carballiño.
Na próxima edición se impartira formación do eido industrial, cursos de atención ao cliente e de marketing dixital e un certificado de profesionalidade de Atención Sociosanitaria a Persoas dependentes en institucións sociais.
Ademáis de estar desempregado, os requisitos para poder participar este ano do programa son os seguintes, estando polo menos nunha destas situacións: ser menor de 30 anos de baixa cualificación, maior de 45 anos, muller, perceptor/a de prestacións, subsidios ou renda activa de inserción.
O concelleiro de emprego Manuel Dacal comunica que “todo o que queira participar deste programa, con altos índices de inserción laboral, soamente teñen que solicitalo a través do Servizo e Orientación Laboral, que se pode atopar na Casa do Concello”. Por outra banda informa que “este ano vanse pagar becas de 5 euros por día de asistencia ás accións do programa, facilitando medidas de conciliación da vida familiar e cun obxectivo do 40% de inserción laboral”.
Ao igual que a anterior edición, este programa contará con 100 usuarios cos que se traballará ao longo dun ano a orientación, formación, prospección e intermediación laboral, intentando garantir a autonomía persoal na procura de emprego, de forma que adquiran ferramentas para facelo da forma máis eficiente posible.
En breves comezará a selección de participantes, polo que se recomenda a todas as persoas interesadas a solicitalo canto antes no departamento anteriormente citad0a polo concelleiro, que está no propio edificio do concello na entrada traseira.