Ás escuras na estación e á luz das lanternas na concentración en demanda de mellora do transporte ferroviarío "Virémos aquí a manifestarnos as veces que sexa necesario"
Os numerosos veciños e veciñas do Carballiño e Comarca que respaldaron esta tarde de domingo a concentración convocada polas asociacións xuvenís Xuca e Asesgal poideron comprobar o estado de abandono co que Adif ten a estación de ferrocarril do Carballiño, e mesmo a deixadez e falla de respecto para os seus usuarios.
Á hora anunciada para esta quedada, as sete e media da tarde, as dependencias interiores e exteriores da estación carballiñesa permanecían ás escuras e tanto os organizadores da protesta como as persoas que acudiron tiveron que utilizar as lanternas dos móbiles para poder ver un chisco, unha situación totalmente terceiromundista pero ilustrativa do estado actúal da estación de tren no Carballiño, tampouco a de hoxe era unha estampa execepcional xa que tamén acontece moitas veces a diario cando chega o tren da tarde procedente de Ourense.
O motivo desta acción reivindicativa ante o Adif é chamar a atención sobre o descontento existente no Carballiño pola precariedade dos servizos ferroviarios, e dos resto do tranposrte público, unha probemática que sufren sobre todos os estudantes, con enormes dificultades para desplazarse dende O Carballiño ás principais cidades galegas, tal como recordou Ramiro Bello, en nome dos convocantes.
A entrada en funcionamento da nova liña da Alta Velocidade Ourense-Santiago-A Coruña en decembro de 2011 supuxo a perda de varios trenes na estación do Carballiño, posteriormente suprimíuse o tren nocturno con Madrid, e recentemente a privatización do servizo de atención ao público e venda de billetes -so 7 horas ao dia de luns a venres- empeorou aínda máis as precarias prestacións, tal como hoxe poideron comprobar "in situ" os manifestantes.
No acto de protesta deste domingo, ademáis de estudantes e familiares, tamén participaron veciños e veciñas e representantes das formacións políticas representadas no concello do Carballiño, e mesmo doutras que con contan con represntación instituacional no concello carballiñés.