San Amaro elixirá novo alcalde este próximo xoves, será o cuarto neste concello en apenas un ano.
A sesión extraordinaria está convocada para as 20 horas deste próximo xoves dia 7 de Novembro, na mesma elixiráse como novo alcalde de San Amaro ao socialista Rubén Gómez, terceiro na lista do PSdeG-PSOE nas eleccións do pasado mes de Maio.
Desta maneira, San Amaro terá catro alcaldes en menos dun ano. Unha situación bastante atípica e que tiña o seu primeiro capítulo no mes de Novembro de 2018 coa renuncia de Ernesto Pérez, tras exercer como alcalde dende 2013, marchaba a apenas seis meses da convocatoria electoral de Maio deste ano, sendo sustituído por Fernando Rodríguez Redondo, tamén do grupo popular.
Tras os comicios municipais era elixida como alcaldesa a socialista Maria del Carmen Pérez, que presentaba a súa demisión de forma inesperada no pasado mes de Setembro, pasando a exercer as funcións de alcalde Carlos Paz, de Xuntos por San Amaro, primeiro tenente de alcalde no goberno bipartito cos socialistas.
Eso si, o novo alcalde que elixirá a corporación este próximo xoves apenas terá ano e medio para exercer como tal, xa que según o pacto entre PSdeG e Xuntos, nos dous ultímos anos do mandato o alcalde deberá ser Carlos Paz.