EGM 2019: COPE O Carballiño cerra outro ano máis como líder absoluto de audiencia na Comarca, ademáis de 12 a 13 horas tamén é a emisora máis escoitada a nivel provincial

28, Novembro 2019

Son datos que recolle e certifica o último Estudio General de Medios que ven de coñecerse esta semana, confirmando outro ano máis o liderazgo de audiencia diaria de COPE O Carballiño no ámbito local e comarcal.

Ademáis, na primeira hora do mediodia, de 12 a 13 horas, COPE O Carballiño tamén é a emisora da radio informativa con máis ointes en toda a provincia de Ourense, mesmo incluíndo as que emiten na capital da provincia.

A maiores da fidelización da audiencia de COPE co 91.9 da FM, siguen incrementandose os ointes diarios que sintonizan a emisión local ONLINE,  a selección musical de ROCK FM no 93.7 do dial, e os que cada dia visitan copecarballino.es. O Grupo COPE reúne cada día a 13.000 persoas que se informan e entreteñen coa súa oferta carballiñesa.