A recalificación urbanística en Seoane "foi retirada do pleno pola presión social e política" afirma o PP, ademáis asegura que este "pelotazo urbanístico" viña planificandose dende principios de 2018
O grupo popular no concello do Carbaliño solicitará que este expediente, que foi retirado da orden do dia do pleno da corporación municipal "se meta nun caixón e non volva a saír".
Según o PP, foi xa a principios de 2018 canod se presentou por parte dun particular unha solicitude de modificación do PXOM na parcela sita na localidade de Seoane que albergaba as naves da antiga Emben, e que se encontran sen actividade dende fai unhos dez anos.
"Desde que se presentou a solicitude, nin os grupos da oposición PP e BNG, nin os concelleiros que aínda eran do grupo socialista no goberno e hoxe o son de Espazo Común, nin os propietarios de parcelas contiguas á de Embén, que tamén albergan actividades industriais, e nin sequera a veciñanza de Seoane, NINGUÉN tiña coñecemento deste expediente",asegura o Partido Popular.
Tamen apuntan os populares que durante estes case 2 anos fixéronse informes técnicos, xurídicos, envíos a outras administracións para pedir informes, dos que nunca se informou aos veciños da zona ou aos grupos da oposición.
"Foi na convocatoria da comisión informativa e pleno desta semana, 22 meses despois de que entrara a solicitude no Concello cando puidemos intuír o que se prevía", aclaran o grupo popular.
Entenden que "preténdese con esta Modificación Puntual favorecer a transformación dun chan rústico en chan urbanizable de uso industrial, para darlle un novo valor inmobiliario a un ben de propietario único, no que ademais existen edificacións que non contan con licenza municipal, argumentando que a lei actual permitiríao para regularizar unha actividade existente previa ao ano 2002, pero baixo a GRAN MENTIRA, ocultada en todo informe de que nesta parcela non existe actividade desde hai 10 anos".
Se isto non fose suficiente, engaden, "cabe dicir tamén que se prevé nesta modificación unha decisión política do Goberno municipal de atender a un particular, excluíndo a outros da mesma zona aos que se lles denegou esta transformación anteriormente; e sendo preocupante a falta de transparencia cos grupos da oposición, máis preocupante é a falta de transparencia cos veciños da parroquia de Seoane".
Aclaran que a "parcela coñecida como de EMBEN "está nun enclave rural que alberga máis empresas, que na actualidade se senten prexudicadas con este expediente, ao quedar excluídas do que podería ser unha solución máis harmónica, xa que facéndose un Plan Parcial de Ordenación que recollese estas actividades poderíase dar unha maior protección a todas elas, conseguindo tamén espazos de cesión para o Concello, cousa que modificando unilateralmente unha parcela non se consegue".
Por último, manifestan que "para descartar o que sempre fai o Alcalde do Carballiño, que é buscar culpas nalgún traballador do concello, cabe lembrar que NINGUÉN presenta unha operación así nun concello sen antes falar co goberno municipal. E que era potestade do Alcalde dicir que si ou que non, xa antes de iniciar trámite algún".