A oposición municipal dubida da legalidade da Oferta Pública de Emprego para cubrir dúas prazas de Policia Local e advirte que será invalidada
O Partido Popular fai referencia aos anuncios feitos dende o concello do Carballiño tanto polo alcalde como outros responsables municipais no transcuros dos últimos meses "serían 6 prazas de policía. Logo díxose que serían 4, mais tarde volveron a falar de 6, para logo rebaixar a 3 e finalmente publicar unha oferta de emprego pública (OPE) de 2".
Do mesmo modo, relatan, como a principios do 2019, primeiro sería unha OPE parcial só para policía, logo se dixo que se retrasaba porque sería unha OPE para a totalidade da plantilla, para definitivamente a mediados de novembro ter unha OP parcial só para a policía.
Por todo elo, conclúen que "o alcalde do Carballiño estivo enganando á veciñanza tanto co sistema da OPE como o número de policías a convocar, e o caso é que deixamos pasar dende que temos a RPT actualizada 2 convocatorias para concursar na xunta e crear novas prazas de policía local e ademais na derradeira tiveron ata 2 prórrogas concedidas para poder presentar a OPE que motivara a convocatoria".
"Non será, pois, pola falta de posibilidades que a Axencia de seguridade da Xunta de Galicia lle deu ao noso concello.
Pero sendo esto parte do pasado recente do noso concello, que demostra a mentira continuada que o alcalde Paco Fumega mantivo neste asunto, resulta que con data de 28 de novembro se ten publicado no DOG unha OPE parcial do Concello para cubrir 2 prazas de policía.
Esta OPE está en entre dito, pois para poder sacar estas dúas prazas na oferta pública de emprego, contabilizáronse 2 baixas de persoal funcionario e fixo, contra ningunha alta no ano 2018",subliñan dende o grupo popular.
Ademáis, consideran que "as dúas vacantes que se razoan para esta OPE, son unha xubilación na policía local que non ofrece dubida algunha, pero a outra trátase non dunha baixa en si, senón que se contabiliza a ausencia dunha traballadora con contrato fixo pero que non está no seu posto por unha excedencia concedida no ano 2018 e que para maior incertidume resulta que esa praza está en propiedade dende o ano 2006 o cal e de moi difícil xustificación a contabilización da mesma como VACANTE".
O Grupo municipal socialista, entende o grupo popular, "o que tiña que facer con ese posto de traballo que ademais é dunha traballadora social sería o de cubrila cunha interinidade e facelo para servicios sociais, pois dende que se lle deu a excedencia o servicio de igualdade e servicios sociais está necesitado de que alguén cubra ese posto mentres non se reincorporase a súa titular do posto".
Advirte o Partido Popular "como está a situación, correse serio risco de que se teña que anular esta OPE, se teña que pasar outra vez por mesa de negociación e se teña que publicar antes de que finalice o ano".
E finalmente, auguran que "de non ser así, ao final, pode que nin 6, nin 4, nin 3, nin 2, pode que 1 ou o mais seguro que sexa ningún".