Fumega en COPE: partidario de celebrar os plenos en horario matinal e de estudar un regulamento de funcionamento
O alcalde carballiñés aproveitou a súa intervención nesta emisora de radio para pronunciarse sobre a polémica destes dias na vida política municipal, tras a petición do Partido Popular para que se celebren as sesións en horario matinal, e ademáis que se acorde dotar as sesións dun regulamento, o que foi criticado tanto por Espazo Común como BNG, partidarios de que os plenos sigan celebrandose os derradeiros mércores de cada mes e en horario de tarde-noite.
Fumega, a preguntas dun oínte, mostrouse partidario de convocar as sesións da corporación carballliñesa en horario de mañá, e tamén dixo que se fai aconsellable un regulamento, e avanzou que no transcurso da semana que ven os grupos políticos representados no concello carballiñés tratarán de chegar a un acordo sobre este asunto.
Precisamente, no pleno extraordinario celebrado esta mañá, para tratar os puntos que quedaran pendientes cando se suspendeu a sesión da pasada semana debido ao seu horario intempestivo, acordouse por unanimidade e a instancias de Espazo Común demandar da Xunta que dote a o Carballiño dun novo centro de saúde.
A este respecto, Fumega mostrouse favorable a acometer este proxecto nos terreos colindantes co actúal centro de saúde, aínda que será nunha reunión no transcurso da próxima semana cando se formalice un acordo entre os grupos politicos do concello.
O alcalde do Carballiño tamén asegurou que a Oferta Públia de Emprego para cubrir dúas praza na plantilla da Policia Local conta cos correspondentes informes xurídicos favorables que avalan esta convocatoria. Asegurou que O Carballiño terá no transcurso de 2020 dous novos axentes de Policia Local e que, ademáis na OPE do próximo ano tamén se convocarán novas prazas na Policia carballiñesa.
A interveción íntegra de Fumega en COPE O Carballiño pódese escoitar no apartado de PROGRAMA desta Páxina WEB, do dia 4 de Decembro.