Espazo Común propón varias medidas para solucionar "o desastroso" servizo de biblioteca municipal
O grupo municipal de ESCO cualifica de "desastroso" o estado no que se encontran as instalacións e o servizo de biblioteca municipal "un debate que ven de moi vello, e por desgraza a día de hoxe, segue absolutamente vixente", subliñan.
Afirman que "as queixas dos usuarios son as mesmas hai xa moitos anos, frio, humidade, mobiliario embellecido, problemas para o acceso á itnernet, horarios pouco acaídos para o público, falla de espazo, ou escasa actualización do catálogo".
Espazo Común considera que "o concello ten que darlle prioridade a este servizo e comezar a prestarlle a atención que merece" e para elo propoñen, por medio dunha moción que trasladarán ao próximo pleno da corporación, distintas medidas.
Entre elas, que "se faga unha exposición pública do proxecto de reforma da biblioteca e se abra un prazo para posibles aportacións dos usuarios e que se habilite unha partida singularizada nos orzamentos de 2010 para levar a cabo dito arranzxo, incluindo mobilidario, novas ventás, iluminación e climatización".
Tamén demandan, e tal como anuncio o alcalde do Carballiño "que se sace a concurso mediante a Oferta Pública de Emprego a praza de arquiveiro-bibliotecario co fin de que sexa ocupada por persoa especializada e coa titulación necesaria para dinamizar este espazo, mantendo ao persoal que que hai a dia de hoxe noutros postos dentro da mesma biblioteca".
De igual maneira, ESCO tamén pide que se forme adecuadamente ao persoal actuál para atender o servizo e "que se reforce en canto a efectivos para poder ampliar o horario no canto de recurrir ao peche".
Finalmente, Espazo Común pide que se dote á biblioteca de medios suficientes para poder actualizar os fondos bibliográficos e que se melloren as condicións de acceso a Internet para os usuarios.