O Grupo Popular no concello presenta 27 alegacións ás ordenanzas fiscais de 2020, entre elas a relativa á recollida do lixo na que pide unha rebaixa do 8,24%. Tamén propoñen beneficios fiscais para os autónomos.
De aprobarse por parte do pleno esta alegación promovida polo Partido Popular, a taxa da recollida o lixo para o ano 2020 pasaría dun incremento do 0,03% proposto polo grupo de goberno no expediente inicialmente aprobado, a unha rebaixa do 8,24% solicitada polos populares.
Esta rebaixa estaría sobradamente xustificada na bonificación do 10% que SOGAMA fai no custo do servizo aos concellos que, a súa vez, repercuten no recibo aos usuarios.
O Partido Popular, aclara, que "SOGAMA bonifica sempre que o concello aplique o desconto, polo que se non hai desconto no recibo aos veciños, tampouco se produciría a bonificación de SOGAMA".
E engade "dito doutra forma, é inconcebible que este desconto no recibo do lixo non fose asumida polo goberno municipal, pois a súa non aplicación so benficia a SOGAMA".
De tal maneira que, para que SOGAMA aplique a bonificación do 10%, o concello debe rebaixar a porcentaxe do 4,12% que é a repercusión do custo de SOGAMA no servizo no ano 2010, máis outro 4,12 adicional, correspondendo ao ano 2019 que se debe repercutir no recibo do primeiro semestre do ano 2020".
No resto das taxas o PP solicita a conxelación de prezos, excepto nas relativas aos caixeiros bancarios e as eléctricas "pois eles tampouco repercuten estas vantaxes fiscais nos seus recibos".
De igual maneira, os populares promoven iniciativas para que se poidan tomar en cosnideración rebaixas fiscais aos autónomos "da a convinencia socio-económica que a potenciación deste sector ten para O Carballiño".