Criticas xeralizadas na comarca pola tardanza en repoñerse o servizo eléctrico: máis de 2.000 persoas levan 48 horas sen luz
O concello de Leiro sigue sendo o máis afectado polas consecuencias do temporal, a maior parte das aldeas do municipio suman xa máis de 48 horas sen sumistración eléctrica, na propia vila de Leiro unha parte da veciñanza ten servizo e outra non, en Gomariz son xa tres dias sen fluido eléctrico.
O mesmo acontece noutras localidades dos concellos de Avión, San Amaro, O irixo, O Carballliño e Boborás, onde permanece sen luz aproximadamente un tercio da poboación, tal como confirmou a alcaldesa Patricia Torres. En Maside, o concello contratou grupo electróxenos que estiveron abastecendo á capitalidade municipal.
A situación comeza a ser desesperante para os habitantes destas aldeas e tamén os pequenos empresarios que suman dias de perdas considerables nos seus negocios, como acontece no sector da hosteleria, bares e restaurantes que pecharon as súas portas nos concellos afectados.
En Leiro, entres os máis afectados é o Novocine, que non pudo ofrecer ningunha das proxeccións programadas para esta fin de semana.
Os outros sectores máis afectados foron o das panaderias, que na maioria da comarca levan dous dias sen poder atender aos seus clientes, carnicerías e tendas de alimentación, que tamén sufren directamente a falta de fluído eléctrico. No mesmo municipio carballliñés dous hoteis-restaurantes cerraron as súas instalacións ante a falta de luz e auga, e no resto da comarca son ducias de empresas as afectadas, que hoxe lúns dia laborable non poideron ter actividade.
Os alcaldes de Leiro e O Carballiño, Francisco Fernández e Francisco Fumega, manifestaron a súa preocupación pola tardanza da empresa eléctrica en resolver as avarias e ambos aseguraron estar en contacto cos responsables en Galicia de Naturgy, éstes aseguraronlle que no transcurso desta mesma xornada estaría normalizada a situación.