O Carballiño que ten mar: descúbreo aquí.
O Carballiño que ten mar está na parroquia de Cesantes, no concello de Redondela, na zona rural máis habitada do municipio.
Según os últimos datos demográficos do IGE este lugar do Carballiño conta con 770 habitantes, que viven na súa maioria en vivendas unifamiliares, e localízase á beira da estrada N-550, que comunica Pontevedra con Redondela.
O Carballiño que ten mar ten unhas espectáculares vistas panorámicas sobre a ría de Vigo, coa ponte de Rande ao fondo e a toda a ensenada de San Simón, onde encontrarémos as famosas illas de San Simón e San Antón.
Unha boa parte da veciñanza da aldea do Carballiño ou "do barrio do Caralliño" como tamén se coñece en Redondela, adícase á pesca e ao marisqueo na ría, e mesmo conta cun pequeno peirao. O lugar conta con varios establecementos comerciais e de hostelería.
Pero alguén dubida que O Carballiño ten mar ? preguntouse en COPE O Carballiño o concelleiro de turismo de Redondela, Daniel Boullosa, que aproveitou a súa intervención nesta emisora de radio para invitar a todos os carballiñeses a coñecer este outro Carballiño "cunha magnifica praia da que podedes gozar,que conta con todos os servizos, un parque infantil e un paseo de quilómetro e medio" e achegarse ata a Illa de San Simón, que é visitable dende Xuño a Setembro.
Eso si, Boullosa recoñeceu que "este noso Carballiño ten mar, pero no voso Carballiño tendes o mellor pulpo á feira do mundo".