O mosteiro de Oseira rexistrou 26.000 visitas turísticas en 2019. O alcalde de Cea agarda que se confirme este ano a creación dun centro de interpretación da ruta xacobea.
Os datos recollidos sobre as visitas guiadas ao mosteiro de Santa María A Real de Oseira reflícten un descenso notable se o comparamos coas cifras de fai unha e dúas décadas atrás, cando por Oseira pasaban unhas 40.000 persoas ao ano.
En 2019 realizaron a visita guiada ao mosteiro cisterciense algo máis de 26.000 persoas. En datas concretas do verán e Semana Santa acadáronse ata unha media de 300 visitas diarias, mentres que no mes de Decembro foi o de máis baixa afluencia.
Centro de Interpretación da Ruta Xacobea da Vía da Prata
O alcalde de Cea, José Luis Valladares, confirmou en COPE O Carballiño que a Xunta elixíu Oseira para ubicar o Centro de Interpretación do Camiño da Prata, concretamente na chamada "casa do cura" unha edificación anexa ao mosteiro, de cuxo recinto forma parte.
Este tipo de centros de interpretación, xestionados desde Turismo de Galicia a través do Xacobeo, outorgan un valor engadido á experiencia da peregrinación, xa que brindan aos camiñantes apoio, información e contidos complementarios que lles axudan a comprender e coñecer máis o Camiño de Santiago, en xeral, e o roteiro que están a percorrer en particular.
Ademáis, esta variante do Camiño Xacobeo que se achega dende a vila de Cea ata o mosteiro de Oseira contará cun novo albergue de peregrinos, que sustituirá ao que ofrece na actualidade a comunidade cisterciente nas dependencias do propio mosteiro.