Comezaron as obras de reforma da rúa principal de Boborás, ás que a Xunta destina 240.000 euros
A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda comezou as obras de acondicionamento e humanización da rúa Cristóbal Colón, a rúa principal da localidade de Boborás, e na que se ubican a casa do concello, o centro de saúde e a farmacia do municipio.
A Consellería de Medio Ambiente financia as obras cun importe de case 240.000 euros, e que consisten na mellora integral da rúa Cristobal Colón, dentgro do núcleo tradicional de Boborás.
Os traballos consisten no levantado do firme de rego asfáltico, sumidoiros e arquetas do tramo, abriranse gabias para canalización de redes de alumeado público, electricidade, telecomunicacións e rede de pluviais e tamén se procederá á renovación da canalización de recollida de augas pluviais, o soterramento das liñas de electricidade e de telefonía e concluirán coa instalación dun novo pavimento. O prazo de execución das mesmas é de oito meses.