O Conselleiro de Medio Rural mostra o seu apoio para promover o cultivo de cereal en Lobás e converter Cabanelas en aldea modelo
O conselleiro de Medio Rural, José González, fixo público durante unha intervención en COPE O Carballiño o seu compromiso para apoiar as dúas peticións que foron acordadas no último pleno da corporación municipal carballliñesa.
Concretamente, en relación a proposta que partíu do grupo popular no concello, González recoñeceu que dende fai xa algún tempo mantén conversas "coa xente da Indicación Xeográfica Protexida Pan de Cea e para promover un proxecto de cultivo de cereal autónono, o trigo tremesino, que é o que máis se adecua para a elaboración dese pan e a min gustaríame que fose na concentración parcelaria de Santa Uxía de Lobás, que ademáis está bastante abandoada".
Doutra parte, e noutro momento da súa interveción radiofónica en COPE O Carballiño, o titular da Consellería do Medio Rural tamén se referíu a outra petición do concello carballiñés, acordada neste caso a instancias do alcalde Fumega, a declaración de Cabanelas como aldea modelo.
O Conselleiro afirmou que "nada me gustaría máis que facer de Cabanelas aldea modelo" destacando o feito de que estas peticións fosen acordadas por unanimidade de todos os grupos políticos da corporación municipal do Carballiño "temos os cartos, temos a vontade de facélo e demostrar que este modelo funciona e alí onde hai abandono, e antes houbo riqueza, podemos recuperar esa terra abandoada con producións de moito valor engadido", subliñou.
José González mostrouse entusiasmado con este proxecto de aldea modelo para Cabanelas "un proxecto para sería para recuperar o viñedo en socalcos unha zona espectacular dende Cabanelas de Arriba a Cabanelas de Abaixo, nunha das ladeiras máis impresionantes do Ribeiro do Avia", ademáis o conselleiro resaltou a gran riqueza arquitectónica, natural e paisaxística de Cabanelas, que a converten en candidata ideal para aldea modelo.