Os apelidos máis comúns en cada concello: González no Carballiño, Maside, Boborás, O Irixo, San Amaro e Punxín. Fernández en Cea e Piñor, e Pérez en Beariz.
González é o apelido máis repetido na Comarca do Carballiño, e ademáis lidera o ranking de apelidos en seis dos nove concellos do territorio comarcal.
No municipio do Carballiño as persoas que levan o apelido González son 2.021, síguenlle Rodríguez (1728) Fernández (1566) e Pérez (1002).
En Maside, temos 467 González, mentres que o segundo apelido máis repetido e Fernández (383), a continuación están Rodríguez (368) e Álvarez (365), neste concello cólanse entre os 13 apelidos máis comúns Montoya e Gabarri, apelidos maioritarios entre a etnia xitana.
Tamén en Boborás domina González, con 276 persoas que levan este apelido, seguidos dos Fernández, Rodríguez e Pérez. Como apelidos máis locais figuran tamén entre os máis comúns os Otero, Estévez e Cerdeira.
No Irixo, tamén é González o que máis abunda na poboación do municipio, seguido de Rodríguez, e cólase na terceira posición o apelido Nogueira, por diante de López e Pérez.
Tamén dominan os González en San Amaro, seguidos dos Rodríguez, Fernández e Vázquez. Como apelidos maís locais tamén son frecuentes os Alén e Mosquera.
No concello de Punxín, despóis de González, son Fernández, Rodríguez e Vázquez os primeiros por este órden.
En dous municipios, os de San Cristovo de Cea e PIñor, Fernández é o apelido máis común, e tamén en ambos concellos o segundo máis repetido é Rodríguez, relegándose González á terceira posición. Como apelidos locais, tamén son numerosos Crespo e Mosquera en Cea e Cibeira en Piñor.
E xa finalmente, o concello máis díscolo sen dúbida é o de Beariz, no que o apelido máis común é Pérez, ao que lle seguen por este órden, Lamas, Muradás, Lorenzo, Valiñas, Ogando e Gulías.