Espazo Común prepara o lanzamento de "Ourense decide" para as eleccións autonómicas do 5 de Abril

18, Febreiro 2020

"Ourense decide" ésta podería ser a marca electoral coa que Espazo Común se presente ás próximas eleccións autonómicas en Galicia para o vindeiro dia 5 de Abril.

O que sí está decidido, e asi o avanzou o presidente desta formación política Pachi Vázquez é que Espazo Común presentaráse a esta autonómicas coa idea "de que a provincia de Ourense teña voz no Parlamento de Galicia", e asi "influencia na política galega".

E asi o confirmou tamén o portavoz municipal de ESCO Adolfo Nogueira en COPE O Carballiño "estamos á espera de posibles alianzas de última hora, pero o que sí temos claro é que Ourense ten que ser decisivo", dixo.

Como cabeza de lista da candidatura dase como moi posible o nome de Francisco José Fraga, actúal portavoz e exalcalde do concello de Piñor.