As afiliacións á Seguridade Social desplómanse no concello do Carballiño, 140 cotizantes menos nun só mes. Tamén caen no resto dos concellos, excepto en Piñor e O Irixo.
Trátase do pior dato dos últimos anos, O Carballiño perde 140 traballadores activos nun só mes, este pasado de Xaneiro de 2020.
E esto acontece polo descenso no número de cotizantes na industria, que rexistrou unha caída de 135 afliacións. Ademáis, tamén é o balance negativo entre os autónomos, 3 menos, e 2 traballadores adscritos o rexime do fogar. Permanece inalterable o rexime agrario, que tan so ten 9 cotizantes no municipio do Carballiño.
Desta maneira, o dato actualizado deixa as afiliacións á Seguridade Social en 4.089 persoas no concello carballiñés.
No resto dos municipios da Comarca, a evolución tamén é negativa en Maside (-9), San Cristovo de Cea (-5), Boborás (-3) Beariz (-3) e Punxín (-1).
Os únicos datos positivos dánse nos concellos de PIñor, onde a industria consigue 11 novos cotizantes, e no concello do Irixo, con seis altas como traballadores autónomos.