A mostra de arte "AR(T)ENTEIRO" reúne 49 obras de 41 artístas, permanecerá no auditorio ata o 21 de Marzo
A mostra de arte colectiva AR(T)ENTEIRO, que organiza o Centro de Estudios Chamoso Lamas coa colaboración do Concello do Carballiño, inaugurouse esta tarde na sala de exposicións do auditorio municipal Manuel María, onde permanecerá aberta ata o 21 de marzo, cos seguintes horarios de visita: de martes a venres: 18:00 - 21:00 horas; sábados, domingos e festivos: 12:00 - 14:00 horas
A exposición, que contén 49 obras de pintura, fotografía e escultura, de 41 artistas, 29 homes e 12 mulleres, foi inaugurada polo presidente do Centro de Estudios Chamoso Lamas, Xosé Luis Sobrado, xunto cos comisarios da mostra, Juan Manuel Rodríguez e Óscar Gónfer, así como os integrantes do colectivo cultural, autoridades municipais e artistas.