Os Arrieiriños de Dacón, gañadores do concurso de comparsas. O segundo premio é para Lumareda e o terceiro para a Anpa da Uceira.
O Xurado estivo integrado por un representante de cada unha das comparsas participantes no concurso e acordou outorgar o primeiro premio á comparsa "Amor á Mexicana" dos Arrieiriños de Dacón, que dous anos despóis volven gañar neste desfile do martes de entroido organizado polo concello do Carballiño.
A comparsa daconense lévase 1.300 euros, cos que estaba dotado este primeiro premio do entroido carballiñés.
O segundo premio foi para a comparsa da asociación Lumareda do Carballiño e seu "Orgullo Galego", inspirado na tradición pulpeira, que se leva mil euros.
A Asociación Entroula e a Ampa do Colexio da Uceira conseguiron o terceiro premio deste concurso, correspóndenlle 800 euros.
Os cuarto, quinto e sexto premio, que reciben 400, 350 e 300 foron respectivamente paras as comparsas Fantasía de Partovia, Os Azucarados de Maside e Fantasía Boreal da asociación O Castro de San Amaro.
Completan a relación de premiados, séptimo e octavo, Aspadisi e Os Nevadinos, que reciben 250 e 200 euros, respectivamente, e recibindo accésits de 120 euros, o resto das comparsas participantes.
O desfile foi seguido por un numeroso público ao seu paso polas rúas do Carballiño, sobre todo a altura de Conde Vallellano, Rotonda da Alameda, primeiro tramo de Julio Rodríguez Soto, Rúa do Paseo e Praza Maior.