O Arenteiro tamén empata na Estrada (0-0) nun partido no que o mellor para os verdes foi o resultado
Non sabemos en qué posto acabará o Arenteiro a tempada, pero si aventuramos que conseguirá un record en canto a número de empates, con este da Estrada xa son 14 en 26 partidos, e aínda quedan 12 para que remate a competición.
Neste partido da Estrada, sen dúbida o mellor foi o resultado, noutra tarde gris do Arenteiro, a única ocasión foi un balón que Fran Monroy enviou ao pau, e para de contar. Pola contra, as mellores e máis claras ocasións do partido foron para os locais, que tamén estrelaron un balón na portería ben defendida por Borja.
Na primeira parte, os verdes tiveron algo máis de control do balón, pero sen xerar ningún tipo de perigo ante a portería local, na segunda parte nin balón nin ocasións, salvo a comentada de Monroy. Pouca pólvora para tanta mecha, que se lle supón a este equipo.
Para ver a ficha do partido, sigue a seguinte ligazón:http://www.futgal.es/pnfg/NPcd/NFG_CmpPartido?cod_primaria=1000120&CodActa=614909&cod_acta=614909