O BNG insta ao alcalde a retirarlle as competencias de igualdade e loita contra a violencia de xénero ao concelleiro Manuel Sotelo. Todos os grupos políticos, agás o PSOE, declinan participar nos actos do Dia da Muller organizados polo concello.
Os tres grupos da oposición municipal, Partido Popular, Espazo Común e BNG, ademáis de Podemos, fixeron público que non asistirán aos actos organizados polo concello do Carballiño con motivo do Día Internacional da Muller, fano en sinal de protesta tanto polo incidente protagonizado polo concelleiro Manuel Sotelo como a falla de reprobación por parte do alcalde e do grupo de goberno no pleno do pasado lúns, asi como a posterior comparecencia do concelleiro socialista que, entenden, aínda agravou máis a polémica suscitada.
Ademáis, o BNG fixo público un comunicado no que insta ao alcalde a retirarlle todas as competencias en materia de igualdade e loita contra a violencia de xénero ao concelleiro Manuel Sotel.
O BNG manifesta que "diante da lamentable situación acontecida o pasado día 2 no pleno do Concello do Carballiño, onde a nosa compañeira e voceira Sofía García Hermida, quen estando no uso da palabra, tivo que soportar a machista e groseira interrupción do concelleiro, o Sr. Manuel Sotelo, así como a actitude cómplice do resto de membros do grupo de goberno do PSOE que riron a cachón tal fazaña, censuramos
sen ningún tipo de paliativos a falla de talante democrático amosado polo grupo de goberno e nomeadamente do alcalde, señor Fumega, por non ter saido inmediatamente, e de forma colexiada a facer unha condena expresa do acontecido na sesión plenaria".
Engade a formación nacionalista que "é moi evidente, basta con ver a gravación do pleno, que o señor Sotelo non trata de igual xeito a homes que a mulleres e non é capaz de recoñecer un acto de machismo tan indiscutible, cremos que non está, en absoluto, capacitado para exercer competencias relacionadas cunha materia tan sensible coma a defensa dos dereitos da muller".
Por iso, a través deste escrito instan ao alcalde do Carballiño a retirarlle de xeito inmediato todas as competencias en materia de igualdade e violencia de xénero asignadas ao concelleiro en cuestión" unmha petición que o o BNG fundamenta "nas finxidas, forzadas e ofensivas desculpas posteriores do Sr.Sotelo.
O BNG non aprecia "ningúnha asunción da súa maleducada e machista intervención, autoxustificandose nun pronto, mintindo sobre a falla de ocasión de pedir disculpas a unha voceira da que nin se molestou en aprender o apelido e coa que viña de estar reunido unha hora nunha comisión, e rematando cunha frase tan elocuente como que “con ela non teño nada que falar” desprendéndose de todo isto que a súa saída ós medios, foi forzada pola gravidade recoñecida pero non asumida dos feitos, saída, seguramente, propiciada polo valente alcalde, que novamente ocúltase nunha covardía vomitiva tentando quitarse o problema de enriba sen lixarse", subliñan.
Advierten que "de non ser atendida tal petición o BNG reservase as accións que considere oportunas nos ámbitos correspondentes".
E por último dende o Bloque Nacionalista Galego agradecen "a multitude de mostras de afecto e solidariedade para a nosa compañeira Sofía García, por parte de veciños e veciñas, movimento asociativo e grupos políticos, nomeadamente Podemos, Espazo Común e Partido Popular, grazas a tod@s".