Outro lío no pleno da corporación municipal: confusión na votación dos orzamentos ao recusar a oposición a dous concelleiros do grupo de goberno.
Momentos de confusión no pleno de aprobación dos orzamentos celebrado esta mañá por parte da corporación municipal do Carballiño.
A condición de directivos de clubs que reciben subvencións directas, nominativas, consignadas nos orzamentos deste ano, por de dous concelleiros do grupo de goberno socialista provocou esta situación, que levou aos grupos da oposición a anunciar que ambos serían recusados por entender que estarísase vulnerando a legalidade. É o caso de Manuel Sotelo, directivo de CD Arenteiro e Silvia Baranda, directiva do Carballiño Fúbol Sala.
Tras momentos de moita confusión, o alcalde decidíu dar continuidade ao pleno e tras unha intervención do Secretario e Interventor muncipais, e tras aclarar éstes que o acordo de aprobación dos orzamentos sería legal, outra cousa sería despóis poder facer efectiva as subvencións aos clubes nos que figuran como directivos os citados concelleiros.
Finalmente, e chegado o momento da votación, Manuel Sotelo ábstivose, mentres os oito membros restantes do grupo socialista votaron a favor, incluida Silvia Baranda, tras manifestar que presentara a renuncia como directiva do Carballiño Fútbol Sala. Como queira que os tres grupos da oposición votaron en contra, producíuse un empate, que desfixo o alcalde co seu voto de calidade.
No caso de prosperar a recusación á concelleira Silvia Baranda, o acordo sería nulo, tal como advertiron dende a oposición municipal.