Incertidume no deporte, é pouco probable que se reaunude unha tempada que moitos dan xa por rematada
A alerta sanitaria deixou en suspenso todas as competicións deportivas, e despóis a declaración do estado de alerta, motivou unha absoluta incertidume sobre o futuro de todas as competicións, e mesmo fálase xa como o máis probable que se dea por rematada a tempada.
Está por ver que acontece e cál é a decisión que no seu momento adoptan as distintas federacións, no caso do CD Arenteiro, será a Real Federación Española de Fútbol a que deberá decidir, pero comeza a coller forza a posibilidade de que a tempada non se reanude xa que a mesma tería que rematarse antes do 30 de Xuño, e non parece que eso vai ser posible.