O concello acondicionará as fontes ornamentais do casco urbano do Carballiño
A concellería de Medio Ambiente, que coordina Rita Soto, está ultimando un programa de acondicionamento das fontes ornamentais da vila.
Trátase de solventar os problemas derivados, según os casos, de averías producidas nos sistemas de auga e iluminación ou de obsolescencia dos equipos ou compoñentes destes sistemas. O obxectivo é conseguir que funcionen regularmente, para que as fontes podan cumplir o cometido para o que foron creadas.
No programa prevese comezar por aquelas fontes que leven máis tempo en situación disfuncional, e que se atopan en lugares moi significativos da vila, como son a fonte-estanque da escultura Muntem, na Praza do Emigrante, e a fonte situada na Praza da Constitución.
A vila do Carballiño conta con seis fontes ornamentais, incluida a fonte histórica do Concello, na baixada a Flores.
Así, están a fonte-estanque da escultura Munten, a fonte da rotonda da Alameda, a fonte da Praza Emilia Pardo Bazán, a fonte da Praza das Galiñas e a fonte da Praza da Constitución. Tamén son fontes ornamentais as pirámides da Alameda e Praza do Emigrante, pero están totalmente inoperativas como fontes, e só cumplen a función de lucernarios e respiradoiros do parking.