A alerta polo coronavirus comeza a paralizar a vida social, deportiva e cultural do Carballiño
A alerta sanitaria pola pandemia global polo COVID-19 xa afecta de cheo á vida social e cultural do Carballiño, xa que nas últimas horas vimos coñecendo a suspensión, cancelación ou aplazamento de actividades programadas.
O Cine-Club Carballiño anuncio que "ata novo aviso" suspende as súas proxeccións cinematográficas dos venres no auditorio, polo que xa non se proxectará "Intempérie", a película que estaba programada para esta semana.
Tamén no auditorio e para este domingo dia 15 de Marzo estaba anunciado o monólogo do cómico Moncho Borrajo, que foi cancelado.
A Xunta de Galicia xa confirmou o peche temporal do Centro Sociocomunitario do Carballiño, e puxo en marcha protocolos de visita nas residencias de maiores.
A Plataforma pola Defensa do Transporte Público do Carballiño, que tiña prevista unha asenblea para este venres, tamén decidíu suspendéla "seguindo as recomendacións pola crise do coranavirus".
No ámbito do deporte, o Club Ciclista Carballiño comunicaba que tamén "ata novo aviso" suspende a actividade da escola de ciclismo.
Están suspendidas por un periodo de 15 dias todas as competicións deportivas federadas, que afectan a todos os equipos e clubes do Carballiño que participan en competicións deportivas. Tamén os adestramentos.
Ademáis, e como xa tamén confirmou a Xunta de Galicia, dende o próximo lúns permanecerán cerrados todos os centros educativos, en todos os niveis educativos, asi como as garderías infantís e a Galiña Azúl. Este venres dia 13 de Marzo a asistencia a clases é opcional, non obrigatoria.